Tuesday 21 de May de 2024

O Concello de Padrón retoma o sistema da Zona Azul para aparcar


A limitación de horario estará volverá a estar vixente a partir de mañá coas mesmas condicións que antes do estado de alarma decretado pola Covid-19
Coa chegada da nova normalidade, o Concello de Padrón volve a poñer en marcha o sistema da zona azul de estacionamento na vila. A partir de mañá, martes 16 de xuño, volverá a entrar en vigor esta limitación en tres espazos do casco urbano: Avenida de Compostela –marxe esquerdo da N-550 en dirección
Santiago-, Campo do Souto –fachada da praza de Abastos-, Porta do Fondo de Vila e no entorno da igrexa parroquial. O concelleiro de Tráfico destacou que “a Policía municipal retoma as súas funcións no control deste sistema para facilitar o tráfico rodado na vila”.
En Padrón en total hai preto dun centenar de prazas de aparcamento, entre as que se contan varios espazos reservados para persoas con problemas de movilidade. O tempo permitido para estacionar é dun máximo de dúas horas, salvo en Porta de Fondo de Vila e no entorno da igrexa parroquial quedará limitado a 30 minutos. E a limitación horaria establecese de luns a venres entre as 09:00 e as 21:00 horas, e os sábados entre as 09:00 e as 14:00 horas, mentres que os domingos e os festivos
quedan exentos da restrición.
As condicións para aparcar nestes espazos seguen sendo as mesmas que antes do estado de alarma decretado pola pandemia da Covid-19. Así, os estacionamentos son gratuitos, e os conductores teñen que colocar un distintivo na parte de mando do vehículo no que se indique a hora de chegada. O feito de non cumprir esta limitación horaria nas zonas azules será sancionable con multa de ochenta euros.
O Concello de Padrón instaurou a zona azul de estacionamento en 2018, e sinalizou o centenar de prazas con tempo limitado e controlado para conseguir a rotación de vehículos nos aparcadoiros máis céntricos. No seu momento, o Concello facilitou aos conductores discos azuis, se ben a hora tamén se pode indicar a man ou cos dispositivos doutros concellos.